Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 9 de novembro de 2018 Páx. 48581

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2018, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, pola que se fai pública a formalización para a contratación da subministración sucesiva de reactivos e materiais para a realización de probas analíticas e o arrendamento, sen opción a compra, dun sistema de automatización total ou Laboratorio Core no Hospital Arquitecto Marcide pertencente a esta xerencia (expediente MS-ASF1-17-006).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Subministracións (Contratación Administrativa).

c) Número de expediente: MS-ASF1-17-006.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato administrativo mixto.

b) Descrición do obxecto: subministración sucesiva de reactivos e materiais para a realización de probas analíticas e o arrendamento, sen opción a compra, dun sistema de automatización total ou Laboratorio Core no Hospital Arquitecto Marcide pertencente a esta xerencia de xestión itegrada de Ferrol.

c) Lotes (se é o caso): lote único.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 33696500-0; 38434540-3; 50400000-9.

e) Acordo marco (se é o caso): non.

f) Sistema dinámico de adquisición (se é o caso): non.

g) Boletíns ou diarios oficiais e datas de publicación dos anuncios de licitación:

– DOUE nº 2017/S 197-406019, do 13 de outubro de 2017.

– BOE nº 256, do 24 de outubro de 2017

– DOG nº 204, do 26 de outubro de 2017.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 7.198.944,13 €.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 3.999.413,40 €; IVE: 839.876,81 €. Importe total: 4.839.290,21 €.

6. Formalización dos contratos.

a) Data de adxudicación: 30 de xullo de 2018.

b) Data de formalización do contrato: 16 de outubro de 2018.

c) Contratista: Siemens Healthcare, S.L.U.

d) Importe de adxudicación:

Importe sen IVE: 2.877.094,50 €. Importe con IVE: 3.481.284,35 €.

Ferrol, 18 de outubro de 2018

Ángel Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol