Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 9 de novembro de 2018 Páx. 48560

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 19 de outubro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador 2018098AL-CO, por infraccións en materia sanitaria.

Non se puido levar a cabo a notificación da resolución do expediente sancionador 2018098AL-CO incoado a London, S.C.

De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á súa notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderá consultar o expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña.

A resolución non esgota a vía administrativa e poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

No caso de estar de acordo co contido desta resolución o pagamento voluntario da sanción poderá efectualo en calquera entidade bancaria colaboradora, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias da xefatura territorial.

Os prazos serán os seguintes:

– Sancións notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes: ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o primeiro día hábil seguinte.

– Sancións notificadas entre os días 16 e último de cada mes: desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o primeiro día hábil seguinte.

A Coruña, 19 de outubro de 2018

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2018098AL-CO.

Interesada: London, S.C. (Pub London).

DNI/NIF/CIF: J70476387.

Último enderezo coñecido: Rego do Muíño 30, baixo, 15320 As Pontes de García Rodríguez.

Ronda do Poblado, 60, 15320 As Pontes de García Rodríguez.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.