Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 8 de novembro de 2018 Páx. 48397

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (970/2015).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 970/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rubén Martínez Domínguez, se ditou a seguinte resolución:

Acordo:

– Ter por desistido a Rubén Martínez Domínguez da súa demanda fronte a Landro Albañilería, S.L., Landro Estructuras, S.L., Construcciones Landro, S.L., General de Subcontratas, S.L., Estructuras Cubafer, S.L., UTE Lavacolla, Copcisa, S.A., Mapfre, Peri, S.A.U., HDI Global SE, sucursal en España, e Corsan Corviam Construcción, S.A.

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Landro Albañilería, S.L., Landro Estructuras, S.L. e Construcciones Landro, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese as destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza