Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 8 de novembro de 2018 Páx. 48362

III. Outras disposicións

Presidencia da Xunta de Galicia

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2018 pola que se outorgan as distincións ao mérito deportivo de Galicia 2018.

Mediante a Resolución do 28 de outubro de 2010, da Secretaría Xeral para o Deporte (Diario Oficial de Galicia do 4 de novembro), creáronse as distincións ao mérito deportivo de Galicia, premios que serán concedidos en recoñecemento do labor ou traxectoria notoria e exemplar, no ámbito deportivo de Galicia, ás persoas físicas ou xurídicas, entidades ou organismos, que estean contribuíndo ou contribuísen ao crecemento, promoción, fomento e excelencia do deporte e da educación física da nosa comunidade autónoma.

Na referida resolución establécese que os galardóns serán outorgados, anualmente e en número non limitado, por resolución do presidente da Xunta de Galicia, logo da proposta motivada do xurado cualificador.

En atención ao establecido, e logo da proposta motivada do xurado cualificador do 26 de outubro,

DISPOÑO:

Único. A concesión das distincións ao mérito deportivo de Galicia, na súa edición 2018, ás seguintes persoas e entidades:

Alberto Torreiro Santiso, Alfonso Pazos Martínez, Cesáreo Rivera Pérez, Conrado Durántez Corral, Evaristo Portela Acuña, Francisco Boedo Vázquez, Guillermo González López, Ismael Fabián Santos Rodríguez, Javier Álvarez Salgado, Jesús Iglesias Rodríguez, José Ángel Casal Fernández, José Fernández Alborés, José García Cabreros, José Teixeira Alonso, Juan Carlos Conde Silva, Julia Estévez Mengotti, Luis Nogueira Fernández, Manuel Losada Zon, Mauricio Monteserín Gómez, Natividad Astray Goicoechea, Nieves Gamallo Adrio, Pablo Rodríguez Vázquez, Paulino Martínez Otero, Teresa Martínez Cancelo, Victorio Alonso Martínez, Colexio Manuel Peleteiro.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2018

Alberto Núñez Feijóo
Presidente da Xunta de Galicia