Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 7 de novembro de 2018 Páx. 48329

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 2 de outubro de 2018 pola que se notifica a resolución do recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 31 de xaneiro 2018 ditada no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/27/2013-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 5 de setembro de 2018, resolución pola que se estima o recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 31 de xaneiro de 2018, ditada no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/27/2013-RP1, ditada polo director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, pola que se impoñía unha primeira multa coercitiva, ao incumprir o ordenado nas resolucións do 16 de marzo de 2016 e 5 de octubre de 2017, deixando sen efecto, en consecuencia a resolución ditada.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a Francisco Sousas Macias e a María Ferreiro Fente, mediante esta cédula, e ao amparo do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase aos interesados a devandita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica se atopa ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que é definitiva en vía administrativa, os interesados poden interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lles sirva de notificación os citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2018

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística