Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 7 de novembro de 2018 Páx. 48204

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2018 pola que se adxudican as axudas para a consolidación e a estruturación de unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia convocadas pola Resolución da Axencia Galega de Innovación do 11 de xuño de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 123, do 28 de xuño de 2018), modificada pola Resolución do 22 de outubro de 2018 de ampliación de crédito.

Mediante a Resolución da Axencia Galega de Innovación do 11 de xuño de 2018 (Diario Oficial de Galicia núm. 123, do 28 de xuño) convocáronse as subvencións para a consolidación e a estruturación de unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia.

No seu artigo 12 regúlase a resolución e notificación destas axudas unha vez que a comisión de valoración avalíe as solicitudes admitidas e emita un informe no cal se concrete o resultado da avaliación efectuada e a contía da axuda proposta, conforme os criterios establecidos no artigo 10 da Resolución do 11 de xuño de 2018 e modificada pola Resolución do 22 de outubro de 2018 de ampliación de crédito.

Na súa virtude, e atendendo á proposta elaborada na sesión do 23 de outubro de 2018 pola comisión de valoración establecida no artigo 9 das bases da Resolución do 11 de xuño de 2018, a Axencia Galega de Innovación.

RESOLVE:

1. Conceder as axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia que a continuación se relacionan polos importes que se indican:

Expediente administrativo

Entidade beneficiaria

Acrónimo

NIF

Importe da axuda (€)

IN845A-1

Asoc. Nac. Ftes. Conservas Pescados y Mariscos-Centro Técnico Nac. Conservación Productos Pesca

Anfaco-Cecopesca

G36625309

356.839,41

IN845A-2

Fundación Centro Tecnológico de Eficiencia y Sustentabilidad Energética

Energylab

G27719913

50.657,25

IN845A-3

Fundación Instituto Tecnológico de Galicia

ITG

G15305923

90.125,43

IN845A-4

Fundación Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia

Gradiant

G36997229

364.047,93

IN845A-5

Cluster de la Acuicultura

Cetga

G36884260

114.097,30

IN845A-6

Asociación de Investigación Metalúrgica del Noroeste-Centro Tecnológico Aimen

Aimen

G36606291

441.320,62

IN845A-7

Fundación para la Promoción de la Inn., Inv. y Des. Tec. en la Industria de Automoción de Galicia

Ctag

G36871424

497.262,01

IN845A-8

Fundación Centro Tecnológico de Investigación Multisectorial

Cetim

G70302427

101.008,25

IN845A-9

Fundación Centro Gallego de Investigaciones del Agua

Cetaqua

G70312020

49.641,80

2. O importe total das axudas concedidas é de dous millóns sesenta e cinco mil euros (2.065.000,00 €), con cargo á aplicación orzamentaria que se recolle no seguinte cadro:

Aplicación orzamentaria

Importe total

09.A3.561A.781.0

2.065.000,00

3. Para a xustificación da subvención deberá presentarse a documentación indicada no artigo 19 da resolución de convocatoria nos prazos establecidos no seu artigo 20 e modificado pola Resolución do 22 de outubro de 2018 pola que se modifica o prazo de xustificación da axuda.

4. Contra esta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, perante o presidente da Axencia Galega de Innovación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2018

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación