Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 7 de novembro de 2018 Páx. 48287

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (DSP 541/2017).

Sobre: despedimento

Demandante: Elena Pérez Lains

Avogado: Fabian Valero Moldes

Demandados: Norfor Maderas, S.A., Norte Forestal, S.A., Transformación Agraria, S.A., PG Galicia, S.L., Norserco, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Consellería do Medio Rural

Avogados: Vicente Fernández Victoria, Pablo Alfredo Villarino Rodríguez, María del Pilar Leis Puñal, letrado de Fogasa, letrado da Comunidade, letrado da Comunidade

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que por resolución ditada no día da data no proceso seguido por instancia de Elena Pérez Lains contra Norfor Maderas, S.A., Norte Forestal, S.A., Transformación Agraria, S.A., PG Galicia, S.L., Norserco, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Consellería de Cultura, Educación y Ordenación Universitaria, Consellería do Medio Rural, en reclamación por despedimento, rexistrado co número de despedimento/cesamentos en xeral 541/2017, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a PG Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 28 de febreiro de 2109 ás 11.25 horas, na planta 1, sala 6, edificio da Audiencia, para a realización dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado. En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que lle sirva de citación a PG Galicia, S.L., expídese o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Pontevedra, 15 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza