Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 6 de novembro de 2018 Páx. 48056

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2018 pola que se publica o plan de estudos de máster universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria.

O máster universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria obtivo a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, previo informe favorable da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación, e a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia para a súa implantación. Por Acordo do Consello de Ministros do 15 de abril de 2011 estableceuse o carácter oficial do título e a súa inscrición no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos (RUCT) (publicado no Boletín Oficial del Estado, BOE do 11 de maio de 2011, por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 26 de abril de 2011).

A Universidade da Coruña presentou unha solicitude de modificación do plan de estudos do dito máster que obtivo o informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).

Polo exposto, de conformidade co disposto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007,

RESOLVO:

Publicar o plan de estudos inicial e o vixente, que se iniciou no curso 2012/13 por modificación do anterior, conducentes á obtención do título de máster universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria pola Universidade da Coruña, que se estrutura segundo consta no anexo.

A Coruña, 22 de outubro de 2018

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO

Plan de estudos conducente á obtención do título do máster universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria pola Universidade da Coruña

Plan de estudos que se inicia no curso 2012/13 por modificación do plan anterior

Código RUCT: 4311926.

Estrutura das ensinanzas (Real decreto 1393/2007, anexo I, punto 5.1).

1. Rama de coñecemento á que se adscribe o título: Ciencias da Saúde.

2. Distribución do plan de estudos en créditos ECTS, por tipo de materia:

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias………………………………………

Optativas….……………………………………..

Prácticas externas………………………………

Traballo fin de máster…………………………..

  0

48

  0

12

Total créditos…………………………………….

60

Os 48 créditos optativos distribúense como se indica a seguir:

– 15 créditos optativos do módulo Investigación en Ciencias da Saúde (OP).

– 33 créditos optativos de obrigado cumprimento dunha das especialidades (OBE).

O traballo fin de máster será específico para cada unha das especialidades.

3. Especialidades do título:

– Especialidade en Reeducación Funcional, Autonomía Persoal e Calidade de Vida.

– Especialidade en Fundamentos de Investigación Biomédica.

– Especialidade en Investigación Clínica (modalidade non presencial desde o curso 2013/14).

4. Contido do plan de estudos.

Módulo

Materia/disciplina

Créditos ECTS

Carácter

Investigación en Ciencias da Saúde

(* Disciplinas de obrigado cumprimento para a modalidade non presencial)

Preparación dun Proxecto de Investigación I: Busca de Información*

3

OP

Preparación dun Proxecto de Investigación II: Desenvolvemento e Comunicación*

3

OP

Aspectos Éticos e Xurídicos na Investigación en Ciencias da Saúde*

3

OP

Xestión da Investigación Sanitaria*

3

OP

Estatística Aplicada a Ciencias da Saúde*

3

OP

Recursos Informáticos de Apoio á Investigación

3

OP

Ciencias da Saúde baseadas na Evidencia

3

OP

Economía da Saúde e Xestión Sociosanitaria

3

OP

Habilidades Psicosociais da Comunicación en Ciencias da Saúde

3

OP

Actividade Física e Investigación en Antropometría

3

OP

Bases de Neurociencia e Fundamentos de Medicina do Sono

3

OP

Endocrinoloxía e Nutrición Básico-Clínica

3

OP

Termalismo e Balneoterapia

3

OP

Especialidade en Reeducación Funcional, Autonomía Persoal e Calidade de Vida

Atención Integral das Persoas con Lesión Medular

4

OBE

Atención Integral das Persoas con Dano Cerebral

4

OBE

Atención Temperá e Discapacidade Infantil

3

OBE

Clínica Psiquiátrica, Investigación e Xestión na Saúde Mental

4

OBE

Investigación na Ocupación Humana

3

OBE

Intervención na Dependencia

6

OBE

Tecnoloxía da Información e as Comunicacións, Axudas Técnicas e Accesibilidade

3

OBE

Socioloxía da Saúde, a Discapacidade e a Dependencia

3

OBE

Motricidade e Discapacidade: Investigación na Rehabilitación

3

OBE

Traballo fin de máster: Reeducación Funcional, Autonomía Persoal e Calidade de Vida

12

TFM

Especialidade en Fundamentos de Investigación Biomédica

Técnicas Histolóxicas

6

OBE

Técnicas de Cultivo Celular

4,5

OBE

Técnicas de Manipulación e Análise de Proteínas

4,5

OBE

Técnicas de Manipulación e Análise de Ácidos Nucleicos

6

OBE

Aplicación das Técnicas de Investigación en Ciencias da Saúde

3

OBE

Estancia nun Grupo de Investigación

6

OBE

Seminarios Científicos

3

OBE

Traballo fin de máster: Fundamentos de Investigación Biomédica

12

TFM

Especialidade en Investigación Clínica

Investigación Clínica I

6

OBE

Investigación Clínica II

6

OBE

Investigación Clínica III

3

OBE

Investigación en Ciencias da Saúde I

6

OBE

Investigación en Ciencias da Saúde II

6

OBE

Investigación Sanitaria no Hospital e na Universidade

6

OBE

Traballo fin de máster: Investigación Clínica

12

TFM

5. Condicións de terminación.

O alumnado deberá optar por unha das especialidades indicadas no punto 3 e superar 60 créditos ECTS, distribuídos como se indica no punto 2, para obter o título de máster universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria.

Plan de estudos conducente á obtención do título do máster universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria pola Universidade da Coruña

Plan inicial

Código RUCT: 4311926.

1. Rama de coñecemento a que se adscribe o título: Ciencias da Saúde.

2. Distribución do plan de estudos en créditos ECTS, por tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias………………………………………

Optativas…………………………………………

Prácticas externas………………………………

Traballo fin de máster…………………………..

      0

54/48

      0

 6/12

Total………...…………………………………….

   60

Os 54/48 créditos optativos distribúense como se indica a seguir:

– 15 créditos optativos dos módulos de Tronco Común.

– 39/33 créditos optativos dunha das especialidades que á súa vez se distribúen do seguinte modo:

• Especialidade en Reeducación Funcional, Autonomía Persoal e Calidade de Vida:

27 créditos de disciplinas de obrigado cumprimento desta especialidade (OBE).

6 créditos de disciplinas optativas desta especialidade (OPE).

• Especialidade en Fundamentos de Investigación Biomédica:

17 créditos de disciplinas de obrigado cumprimento desta especialidade (OBE).

22 créditos de disciplinas optativas desta especialidade dos que 14 créditos teñen que ser do módulo Estancia Tutelada no Laboratorio (OPE).

• Especialidade en Investigación Clínica:

20 créditos de disciplinas de obrigado cumprimento desta especialidade (OBE).

13 créditos de disciplinas optativas desta especialidade (OPE).

O traballo fin de máster será específico para cada unha das especialidades.

3. Especialidades do título:

– Especialidade en Reeducación Funcional, Autonomía Persoal e Calidade de Vida.

– Especialidade en Fundamentos de Investigación Biomédica.

– Especialidade en Investigación Clínica.

4. Contido do plan de estudos.

Módulo

Materia/disciplina

Créditos ECTS

Carácter

Tronco Común. Ciencias Biomédicas

Avances e Investigación en Antropometría: Aplicación ao Estudo da Composición Corporal

3

OP

Actividade Física, Saúde e Calidade de Vida no Ser Humano

3

OP

Bases de Neurociencia para Ciencias da Saúde

3

OP

Endocrinoloxía e Nutrición Básico-Clínica

2

OP

Psicoloxía da Memoria

3

OP

Ciencias da Saúde baseadas na Evidencia

3

OP

Biomecánica do Aparato Locomotor

3

OP

Termalismo e Balneoterapia

3

OP

Fundamentos da Medicina do Sono

1

OP

Tronco Común. Xestión

CMBD como Ferramenta para a Investigación Clínica

2

OP

Economía da Saúde e Xestión Sociosanitaria

3

OP

Aspectos Éticos e Xurídicos na Investigación Biomédica

2

OP

Profesións Sanitarias: Formación, Bioética e Deontoloxía

3

OP

Xestión da Investigación

1

OP

Fundamentos da Xestión Sanitaria

2

OP

Preparación dun Proxecto de Investigación I: Busca de Información

3

OP

Preparación dun Proxecto de Investigación II: Desenvolvemento

3

OP

Comunicación da Investigación

1

OP

Xestión Medioambiental e Prevención de Riscos na Investigación Biomédica

1

OP

Tronco Común. Técnicas

Recursos Informáticos de Apoio á Investigación

3

OP

Tratamento de Datos nas Técnicas Instrumentais

2

OP

Inglés Técnico para Ciencias da Saúde

3

OP

Formación en Protección e Experimentación Animal

2

OP

Habilidades Psicosociais da Comunicación en Ciencias da Saúde

3

OP

Estatística Aplicada a Ciencias da Saúde

3

OP

Telemática en Ciencias da Saúde

2

OP

Especialidade en Investigación Clínica

Disciplinas de obrigado cumprimento

Estancias Clínicas

15

OBE

Investigación Sanitaria no Hospital e na Universidade

5

OBE

Disciplinas optativas

Especialidades Médicas

13

OPE

Especialidades Cirúrxicas

13

OPE

Atención Primaria

13

OPE

Traballo fin de máster

Traballo fin de máster: Investigación Clínica

12

TFM

Especialidade en Reeducación Funcional, Autonomía Persoal e Calidade de Vida

Disciplinas optativas de obrigado cumprimento

Atención Integral das Persoas con Lesión Medular

4

OBE

Atención Integral das Persoas con Dano Cerebral

4

OBE

Atención Temperá e Discapacidade Infantil

3

OBE

Clínica Psiquiátrica e Investigación na Saúde Mental

4

OBE

Disciplinas optativas

Investigación na Ocupación Humana

3

OPE

Intervención Logopédica e Cognitiva do Dano Cerebral

3

OPE

Aprendizaxe e Condicionamento Humano

3

OPE

Programas de Incorporación Social en Drogodependencias e Saúde Mental

3

OPE

Tecnoloxía da Información e as Comunicacións e Accesibilidade

3

OPE

Axudas Técnicas Informáticas para a Autonomía Persoal

3

OPE

Condicionantes Socioculturais da Ocupación

3

OPE

Rehabilitación Motriz mediante Estimulación Externa: O Exemplo do Parkinson

1

OPE

Intervención na Dependencia

6

OPE

Motricidade e Discapacidade: Investigación na Rehabilitación

3

OPE

Intervención Logofoniátrica nos Trastornos da Comunicación Humana e a Deglución

3

OPE

Tecnoloxías da Información e as Comunicacións, Axudas Técnicas e Accesibilidade

3

OPE

Socioloxía da Saúde, a Discapacidade e a Dependencia

3

OPE

Traballo fin de máster

Traballo fin de máster: Reeducación Funcional, Autonomía Persoal e Calidade de Vida

12

TFM

Especialidade en Fundamentos de Investigación Biomédica

Técnicas Histolóxicas e de Bioloxía Celular

Procesado Histolóxico

1

OPE

Histoquímica e Histoencimática

2

OPE

Inmunohistoquímica

1,5

OPE

Métodos de Observación Microscópica

1

OPE

Principios de Conservación de Mostras Biolóxicas

1

OPE

Cultivo Celular

4

OPE

Clasificación e Tipos de Morte Celular. Sinalización Celular en Apoptose

1

OPE

Citometría de Fluxo

1

OPE

Técnicas de Manipulación e Análise de Proteínas

Introdución ás Técnicas de Manipulación e Purificación de Proteína

1

OBE

Técnica de ELISA

1

OBE

Illamento e Detección de Proteínas: Westernblot

1

OBE

Iniciación á Proteómica

1

OBE

Técnicas de Manipulación e Análise de Ácidos Nucleicos

Estrutura, Illamento e Detección de ADN e ARN. Reacción en Cadea da Polimerasa (PCR)

1

OBE

Técnicas de Análise e Detección da Variabilidade Xenética

1

OBE

Análise da Expresión Xenética mediante PCR en Tempo Real (qPCR)

1

OBE

Secuenciación Automática de ADN

1

OBE

Introdución á Citoxenética Molecular: Hibridación in situ Fluorescente (FISH)

1

OBE

Mutaxénese Aleatoria e Dirixida do ADN

1

OBE

Enxeñaría Xenética en Células e Animais

1

OBE

Transdución Xenética

1

OBE

Aplicacións de Técnicas de Laboratorio en Investigación en Ciencias da Saúde

Aplicación das Técnicas de Investigación en Endocrinoloxía e Nutrición

1

OPE

Aplicacións das Técnicas de Investigación en Hematoloxía

1

OPE

Aplicacións das Técnicas de Investigación en Medicina Física e Rehabilitación

1

OPE

Aplicacións das Técnicas de Investigación en Nefroloxía

1

OPE

Aplicación das Técnicas de Investigación en Oncoloxía

1

OPE

Aplicación das Técnicas de Investigación en Reumatoloxía

2

OPE

Aplicación das Técnicas de Investigación en Terapia Celular

1

OPE

Aplicación das Técnicas de Investigación en Ciencias da Saúde

3

OBE

Estancia Tutelada no Laboratorio

(elixir obrigatoriamente unha disciplina deste módulo)

Análise de Polimorfismos Xenéticos en Pacientes con Artrose

14

OPE

Análise Proteómico das Proteínas Mitocondriais dos Condrocitos Artrósicos

14

OPE

Bases Xenéticas das Miocardiopatías

14

OPE

Células Nai Adultas Humanas: Illamento, Caracterización e Capacidade para Reparar o Cartílago Articular

14

OPE

Dano Orixinado no ADN por Axentes Mutáxenos

14

OPE

Factores Prognóstico en Oncoloxía

14

OPE

Inmunoloxía do Alotrasplante e do Xenotrasplante

14

OPE

Mecanismos de Dano Tisular do Sistema Articular

14

OPE

Mecanismos Moleculares da Resistencia a Antibióticos

14

OPE

Remodelamento de Vías Aéreas

14

OPE

Seminarios e Congresos

Seminarios Científicos da Unidade de Investigación

2

OBE

Asistencia a Congresos, Xornadas e Reunións Científicas

1,5

OPE

Participación en Congresos, Xornadas e Reunións Científicas

1,5

OPE

Traballo fin de máster

Traballo fin de máster: Fundamentos de Investigación Biomédica

6

TFM

5. Condicións de terminación.

O alumnado deberá optar por unha das especialidades indicadas no punto 3 e superar 60 créditos ECTS, distribuídos como se indica no punto 2, para obter o título de máster universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria.