Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 6 de novembro de 2018 Páx. 48099

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 19 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto de liña colectora Regoelle eixe norte: tramo I, subestación colectora Regoelle 20-66/220 kV e conexión subterránea ata a subestación de Red Eléctrica de España Regoelle 220 kV, nos concellos de Dumbría, Vimianzo e Zas (A Coruña) (expediente 2017/0052).

De conformidade co artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise pública a declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático o 17 de outubro de 2018, do proxecto de liña colectora Regoelle eixe norte: tramo I, subestación colectora Regoelle 20-66/220 kV e conexión subterránea ata a subestación de Red Eléctrica de España Regoelle 220 kV, nos concellos de Dumbría, Vimianzo e Zas (A Coruña), promovido por GNF Renovables, S.L.U. e Norvento, S.L.U.

A dita declaración poderase consultar na ligazón: https://cmaot.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2018

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático