Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 5 de novembro de 2018 Páx. 48024

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2018 pola que se emprazan as partes interesadas no procedemento abreviado 330/2017 interposto por Cristina Villaverde Costa.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Vigo tramítase o procedemento abreviado 330/2017 interposto por Cristina Villaverde Costa contra a desestimación de recurso de reposición contra a Resolución reitoral do 20 de xuño de 2017 pola que se resolve o concurso de méritos do persoal funcionario de administración e servizos da Universidade de Vigo.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado no prazo de nove (9) días, contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 23 de outubro de 2018

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo