Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 5 de novembro de 2018 Páx. 48029

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Lugo

ANUNCIO da convocatoria e das bases específicas dos procesos selectivos correspondentes ás ofertas de emprego de 2016 e 2017.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo, núm. 246, do 26 de outubro de 2018, publícanse a convocatoria e as bases específicas dos procesos selectivos para a provisión das prazas que a continuación se relacionan, incluídas nas ofertas de emprego da Deputación Provincial de Lugo.

As bases xerais que rexen estes procesos selectivos publicáronse no Boletín Oficial da Provincia de Lugo núm. 241, do 20 de outubro de 2017.

Número de vacantes: unha. Denominación: técnico/a superior en Arquivística, escala de Administración especial, subescala técnica, técnicos superiores. Sistema de provisión: concurso-oposición. Acceso libre. Grupo A, subgrupo A1.

Número de vacantes: unha. Denominación: psicólogo/a, escala de Administración especial, subescala técnica, técnicos superiores. Sistema de provisión: concurso-oposición. Acceso libre. Grupo A, subgrupo A1.

Número de vacantes: unha. Denominación: técnico/a de Información Profesional para Demandantes de Emprego, escala de Administración especial, subescala técnica, técnicos medios. Sistema de provisión: concurso-oposición. Acceso libre. Grupo A, subgrupo A2.

Número de vacantes: unha. Denominación: técnico/a de Xestión Medioambiental, escala de Administración especial, subescala técnica, técnicos medios. Sistema de provisión: concurso-oposición. Acceso libre. Grupo A, subgrupo A2.

Número de vacantes: unha. Denominación: enxeñeiro/a técnico/a de Obras Públicas, escala de Administración especial, subescala técnica, técnicos medios. Sistema de provisión: concurso-oposición. Acceso libre. Grupo A, subgrupo A2.

Presentación de solicitudes: presentaranse no modelo oficial publicado no Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 246, do 26 de outubro de 2018 (páxinas 47 a 49) e na páxina web www.deputacionlugo.org, epígrafe Emprego público, RR.HH (formato word).

Lugar de presentación: Rexistro Xeral desta entidade ou a través das formas establecidas no artigo 16 da vixente Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Prazo de presentación: vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Documentación que deberá xuntar necesariamente á solicitude:

– Méritos acreditados (base xeral 7.6.4 e base específica 6.1).

– Documento acreditativo do pagamento da taxa (base xeral 7.6.3).

– Titulación académica exixida (base específica 4).

Faise constar expresamente que os sucesivos anuncios que deriven da convocatoria se publicarán no Boletín Oficial da provincia de Lugo, no taboleiro de edictos desta corporación e na súa páxina web.

Lugo, 29 de outubro de 2018

O presidente da Deputación Provincial de Lugo
P.D. (Decreto nº 0402/2017, do 24.2.2017)
Pablo Rivera Capón
Deputado provincial de Lugo