Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 5 de novembro de 2018 Páx. 48008

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 26 de setembro de 2018 pola que se autoriza a transmisión inter vivos das concesións administrativas e das bateas Ampicos II e Gancedo III.

Advertidos dous erros na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 202, do martes 23 de outubro de 2018, cómpre efectuar as seguintes correccións:

Na páxina 46884, parágrafos terceiro e cuarto, onde di: «Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis)», debe dicir: «Especie autorizada: ostra plana (Ostrea edulis)».