Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 5 de novembro de 2018 Páx. 48012

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 9 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se somete a información pública un proxecto para a instalación dun establecemento de acuicultura no concello de Vigo.

En cumprimento do artigo 10 do Decreto 274/2003, do 4 de xuño, polo que se regula o procedemento de obtención do permiso e concesión de actividade para os establecementos de acuicultura e auxiliares de acuicultura na zona terrestre (DOG núm. 9, do 6 de xuño), sométese a información pública o proxecto para a instalación do establecemento que se describe:

Solicitante: Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Peixes e Mariscos-Centro Técnico Nacional de Conservación de Produtos da Pesca (Anfaco-Cecopesca).

Tipo: criadeiro e granxa mariña.

Proxecto: instalación para cultivo experimental de bivalvos, peixes e outros organismos acuáticos.

Localización: Edificio do Centro de Tecnoloxías Avanzadas de Investigación para a Industria Mariña e Alimentaria (Cytma). Estrada Colexio Universitario, 16, Vigo (Pontevedra).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións nesta dirección xeral, situada no Edificio Administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, no prazo de vinte días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2018

Mercedes Rodríguez Moreda
Directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica