Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 2 de novembro de 2018 Páx. 47856

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de resolución (ETX 64/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 64/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco García Vilar contra Manuel Míguez Domínguez e o Fogasa, foi ditada a resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela o vinte e seis de setembro de dous mil dezaoito.

Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar o executado Manuel Míguez Domínguez en situación de insolvencia parcial polo importe de 13.969,66 euros en concepto de principal, máis outros 1.397,85 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros e custas que poidan derivar da execución, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisoria.

b) Arquivar as actuacións, logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñeceren novos bens do executado.

c) Unha vez firme a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

d) Expedir os testemuños das resolucións procedentes que se entregarán á parte executante na oficina xudicial deste xulgado.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva para efectos publicitarios a declaración de insolvencia de Manuel Míguez Domínguez, procédase á súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza