Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 2 de novembro de 2018 Páx. 47930

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 19 de outubro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificadas por comparecencia no expediente MON-CO-0183-2018 DIA e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE nº 236, de 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo a cal esta notificación ten que ser feita no BOE e a súa data de publicación a que determina a eficacia do acto notificado.

O acto foi adoptado pola instrutora.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.

A Coruña, 19 de outubro de 2018

Mónica López López
Xefa territorial de A Coruña

ANEXO

Expediente

Denunciada

Acto de notificación

MON-CO-0183-2018 DIA

María Aurora Verdía Abelenda

Proposta de resolución

MON-CO-0253-2018 DIS

María Elvira Bravo Díaz

Proposta de resolución