Mediante a Orde do 5 de setembro de 2018, publicada no Diario Oficial de Galicia número 176, do 14 de setembro, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante na Consellería de Facenda que se detalla no anexo desta orde.
De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, que aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e demais normativa vixente, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada por Orde desta consellería do 5 de setembro de 2018 e designar a persoa funcionaria, cuxos datos se sinalan no anexo desta orde, para ocupar o posto que tamén se especifica.
Segundo. O cesamento no actual destino efectuarase, segundo o previsto no artigo 14, do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres días contados a partir do seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia ou segundo o establecido na normativa de aplicación na súa Administración de orixe.
O prazo para tomar posesión do novo destino é de tres días se non implica cambio de residencia ou de sete días se comporta cambio de residencia.
Cando o/a adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso o servizo activo, o prazo será de vinte días.
O cómputo dos prazos de toma de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, se concedesen á persoa; no caso de incapacidade temporal a partir da data da alta.
Terceiro. A xefatura de persoal do centro onde cause baixa o funcionario ou funcionaria, así como a daquel en que obteña destino, efectuarán, dentro dos prazos sinalados no punto anterior, as dilixencias de cesamento e de toma de posesión e, deseguido, realizaranse os trámites para a súa alta na nómina.
Da dilixencia efectuada remitirase copia á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda.
Esta orde pon fin á vía administrativa e contra ela poderase recorrer potestativamente en reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG ou impugnala directamente ante a orde xurisdicional contenciosa-administrativa, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2018
Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda
ANEXO
Datos do/a funcionario/a:
Nome e apelidos: Román García Pastur.
Número de rexistro de persoal: 5316543402 A207D.
Corpo ou escala: Corpo superior da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (escala superior de Finanzas).
Subgrupo: A1.
Datos do posto de traballo:
Denominación: Subdirección Xeral de Planificación e Operacións Financeiras.
Código do posto: FCC050000115770001.
Nivel: 30.
Centro directivo ou dependencia: Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos.
Localidade: Santiago de Compostela.