Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 2 de novembro de 2018 Páx. 47876

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 15 de outubro de 2018, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se dá publicidade á declaración comprensiva da situación patrimonial dun alto cargo.

O artigo 49.4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece a obriga de todos os cargos públicos incluídos no seu ámbito de aplicación, definido no artigo 37, de cubrir unha declaración comprensiva da súa situación patrimonial, no modelo que aprobe a persoa titular da consellería competente en materia de función pública.

Esta declaración deberá ser presentada no Rexistro de Bens Patrimoniais no prazo dos tres meses seguintes á data de toma de posesión e de cesamento, respectivamente, ante a Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Mediante a Orde do 3 de marzo de 2016, do titular da consellería competente en materia de función pública, apróbanse os modelos oficiais de declaracións que deben formular os altos cargos incluídos no ámbito de aplicación da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 44, do 4 de marzo).

En virtude do Decreto 102/2018, do 27 de setembro, Fabiola García Martínez cesou no cargo de directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, con efectos do 26 de setembro. Polo Decreto 98/2018, do 26 de setembro, foi nomeada conselleira de Política Social (DOG núm. 185, do 27 de setembro), e presentou o anexo IV, Contido da declaración de bens patrimoniais para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, no Rexistro de Bens Patrimoniais de Altos Cargos.

Procede, en consecuencia, dar publicidade ao contido do anexo presentado para tal efecto, comprensivo da situación patrimonial que declara ao seu cesamento e nomeamento, e que se publica como anexo a este anuncio.

Tal e como consta no referido modelo anexo IV:

1. Non se inclúen os seguros de vida.

2. No suposto de bens indivisos, indícase o valor que corresponde segundo a porcentaxe de participación do declarante no ben ou dereito patrimonial.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2018

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Titular do cargo: Fabiola García Martínez.

Cargo público orixe da declaración: conselleira de Política Social.

Motivo: cesamento e toma de posesión.

I. Activo.

1. Bens inmobles (segundo o valor catastral): 87.158,88.

2. Valor total doutros bens: 36.787,58.

3. Total: 123.946,46.

II. Pasivo (créditos, préstamos, débedas, etc.): 0.