Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 31 de outubro de 2018 Páx. 47792

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública da modificación puntual do Plan parcial do SUNP-22 para a reordenación de volumes no quinteiro 16 (Castro de Abaixo).

A Xunta de Goberno da cidade de Santiago de Compostela, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 11 de outubro de 2018, adoptou o seguinte acordo:

«a) Aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan parcial do SUNP-22 para a reordenación de volumes no quinteiro 16 (Castro de Abaixo), de conformidade co proxecto presentado o 24.05.2018 por EMAC Proyectos y Obras, S.L., coa seguinte condición:

Eliminarase a epígrafe 2.3 (Propuesta de modificación del Plan parcial. Normativa afectada), xa que a modificación non altera a redacción xeral da Ordenanza 2, afectando unicamente as condicións de ordenación do quinteiro 16.

b) A modificación someterase a información pública durante o prazo de dous meses, mediante anuncios que para o efecto se publicarán no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior difusión na provincia. Así mesmo, practicarase notificación persoal ás persoas titulares catastrais dos terreos afectados.

Durante o trámite de información pública solicitarase o informe da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural».

O que se publica co fin de que, durante o prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, os interesados poidan consultar o expediente e formular as alegacións que xulguen oportunas. A documentación sometida a exposición pública estará ao dispor dos interesados no Servizo de Planeamento e Xestión do Concello de Santiago (Pazo de Raxoi, 2º andar), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas; e na páxina web do Concello http://transparencia.santiagodecompostela.gal/Modificacion-puntual-do-Plan-parcial-do-SUNP-22-para-a-reordenacion-de-volumes-no-quinteiro-16.-Castro-de-Abaixo/gl

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2018

O alcalde
P.D. (Decreto do 28.6.2017)
Jorge Duarte Vázquez
Concelleiro delegado de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda,
Mobilidade e Relacións Veciñais