Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 31 de outubro de 2018 Páx. 47746

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 19 de outubro de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o inicio do procedemento sancionador por infracción na orde social (expediente 44475786L/19/09/2018/2.1.A).

Intentada a notificación da comunicación do inicio do procedemento sancionador ditada polo xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Ourense, pola que se acorda o inicio do expediente sancionador arriba referenciado, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese a efectuar a notificación por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia queda condicionada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, fáiselles saber que segundo o disposto no punto 3, do artigo 37 bis, do Regulamento xeral sobre procedementos para a imposición de sancións por infraccións na orde social e para os expedientes liquidatorios de cotas da Seguridade Social, aprobado polo Real decreto 928/1998, do 14 de maio, dispón de quince (15) días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) para formular, por escrito, as alegacións que xulgue oportunas, documentalmente acreditadas ante a oficina de emprego Ourense A Ponte sita na rúa San Francisco Blanco, 2, baixo, de Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como para os efectos de coñecer integramente o contido da comunicación de inicio ditada polo xefe territorial.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á interesada que, se transcorrido o devandito prazo non achega alegación en tempo e forma, ditarase a correspondente resolución por parte da xefatura territorial de Ourense que dispón dun prazo de seis meses, desde a data deste acordo, para notificarlle a resolución pertinente.

Ourense, 19 de outubro de 2018

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: 44475786L/19/09/2018/2.1.A.

Nome: Lorena Piñeiro González.

Concello: Ourense.

Precepto infrinxido: non comparecer a requirimento do Servizo Público de Emprego de Galicia.

Contido da comunicación: comunicación por parte da Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Economía, Emprego e Industria do inicio do correspondente procedemento sancionador, coa proposta da perda dun mes ao dereito á prestación ou subsidio recoñecido.