Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 31 de outubro de 2018 Páx. 47781

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2018 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de desenvolvemento de novas funcionalidades, soporte e mantemento do sistema de intermediación e orientación laboral (expediente AMT-2018-0022).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: este procedemento ten como obxecto a contratación do servizo de desenvolvemento de novas funcionalidades, soporte e mantemento do sistema de intermediación laboral que dá soporte ás oficinas de emprego e do sistema de orientación laboral que dá servizo ás oficinas de emprego e aos centros colaboradores.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 26.1.2018.

DOUE: 24.1.2018.

BOE: 6.2.2018.

3. Tramitación e procedemento:

a) Procedemento: aberto, harmonizado.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 2.618.181,84 € (IVE excluído).

5. Orzamento base de licitación:

Lote 1: sistema de información de intermediación laboral do Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG): orzamento total de licitación de 891.000,00 € (IVE incluído).

Lote 2: sistemas de información de orientación laboral do SPEG: orzamento total de licitación de 165.000,00 € (IVE incluído).

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación:

– Lote 1: 20.6.2018.

– Lote 2: 29.8.2018.

b) Data de formalización do contrato:

– Lote 1: 5.9.2018.

– Lote 2: 17.10.2018.

c) Contratista:

– Lote 1: Altia Consultores, S.A.

– Lote 2: Everis Spain, S.L.U.

d) Importe de adxudicación:

– Lote 1: 883.624,28 € (IVE incluído).

– Lote 2: 150.148,89 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2018

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia