Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 31 de outubro de 2018 Páx. 47726

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ORDE do 16 de outubro de 2018 pola que se declara deserto o procedemento de alleamento mediante poxa pública dun inmoble situado no concello da Coruña.

Mediante a Orde do 28 de marzo de 2018 da Consellería de Facenda foi autorizado o alleamento, mediante poxa pública, dun ben inmoble propiedade da Comunidade Autónoma de Galicia situado no concello da Coruña.

Logo de publicarse o 6 de xuño de 2018 no Diario Oficial de Galicia número 107 e nos xornais de ampla difusión (Diario de Ferrol e La Voz de Galicia do mesmo día), o Anuncio do 15 de maio de 2018 da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, de alleamento do citado inmoble, celebrouse o 19 de xullo de 2018 a poxa pública anunciada, co que, á vista da acta da mesa de contratación, de conformidade co disposto no artigo 70 do Decreto 50/1989, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e tras a proposta da Secretaría xeral Técnica e do Patrimonio,

DISPOÑO:

Primeiro. Declarar deserta en primeira, segunda e terceira poxa a adxudicación do seguinte ben inmoble:

Urbana, terreo de 486 m², sobre o que se asentaba unha edificación de 207 m², que foi caseta de legoeiros na estrada AC-552 A Coruña-Fisterra, no lugar de San Xosé, no concello da Coruña. Estrema o conxunto: norte, predio a nome de Repsol Petróleo, S.A. de 1.283.266 m² e referencia catastral 4806502NJ4050S0001AY; leste, predio a nome de José Pérez Paz de 72 m² e referencia catastral 5601402NJ4050S0001AY; oeste e sur, estrada AC-550 A Coruña-Fisterra, de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia-límite de solo da zona urbana. Inscrita no Rexistro da Propiedade número 2 da Coruña como predio 99405, ao folio 164 do libro 1885. Referencia catastral 5601401NJ4050S0001WY.

Tipo de licitación, primeira poxa: 219.883,59 euros.

Tipo de licitación, segunda poxa: 186.901,05 euros.

Tipo de licitación, terceira poxa: 153.918,51 euros.

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2018

O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 9.1.2012; DOG núm. 9, do 13 de xaneiro)
Mª del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda