Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 30 de outubro de 2018 Páx. 47456

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2018 pola que se corrixe a Resolución do 10 de outubro 2018 pola que se convocan a concurso público prazas de persoal docente e investigador contratado (OEP 2018).

Advertidos erros na citada resolución, publicada no DOG nº 202, do 23 de outubro de 2018, ao ter incluído na relación de prazas a reserva obrigatoria establecida para o persoal investigador recollida na Lei 6/2018, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018 e que correspondería incluíla noutra convocatoria, procede, en virtude do establecido no artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, corrixir o dito erro no seguinte senso:

Suprimir na páxina 46806 o parágrafo:

«O concurso nº 4009/18-19 é unha praza de contratado doutor reservada para o persoal investigador que, ademais de reunir os requisitos xerais e específicos establecidos na presente convocatoria, teña finalizado o Programa Ramón y Cajal e obtivese o certificado I3 con anterioridade á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes (obriga de reserva recollida no artigo 19.3.i) da Lei 6/2018, do 3 de xullo, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018). Esta condición acreditarase coas certificacións correspondentes».

Suprimir na páxina 46818:

«Nº de concurso: 4009/18-19. Dedic.: T.

Nº de prazas: 1 (PX0453).

Área de coñecemento: Física Atómica, Molecular e Nuclear.

Departamento: Física de Partículas.

Perfil: Física Cuántica I (G1031322).

Centro (*): Facultade de Física.

Localidade: Santiago de Compostela».

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2018

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela
P.D. (Resolución do 20.6.2018, DOG do 29 de xuño)
Ernesto González Seoane
Vicerreitor de Profesorado