Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 30 de outubro de 2018 Páx. 47424

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 2 de outubro de 2018 pola que se resolve a concesión dos premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos universitarios no ano 2017 nas universidades do Sistema universitario de Galicia.

Advertido erro na orde indicada, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 202, do 23 de outubro de 2018, cómpre efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 46758 onde di: «G-S-28: Lingua e Literatura Modernas.», debe dicir:
«G-S-28: Linguas e Literaturas Modernas.».