Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 30 de outubro de 2018 Páx. 47502

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 24 de setembro de 2018, da Área Provincial de Lugo, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente LU-12/2018 e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas logo de intentada a notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázase a persoa que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado pola xefa da Sección de Inspección e Sancións.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, en Lugo, Edificio Administrativo sito na avenida de Ramón Ferreiro, 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 24 de setembro de 2018

Mar Gómez Pardo
Xefa de Área Provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: ES LU-12/2018.

Persoa interesada: Pablo Martí Elvira.

DNI/NIE/NIF: …242D.

Acto de notificación: proposta do procedemento sancionador.

Expediente: ES LU-11/2018.

Persoa interesada: Mª Luisa Cortés Pérez.

DNI/NIE/NIF: …937V.

Acto de notificación: proposta do procedemento sancionador.