Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 30 de outubro de 2018 Páx. 47505

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2018 pola que se somete a información pública a delimitación dos espazos e dos usos portuarios do porto de Aldán.

A entidade pública empresarial Portos de Galicia elaborou a delimitación dos espazos e dos usos portuarios (DEUP) do porto de Aldán (TM de Cangas do Morrazo, Pontevedra), en cumprimento do artigo 52 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia.

Este documento sométese a información pública para que as persoas ou entidades interesadas poidan presentar por escrito as reclamacións ou alegacións que consideren oportunas, dispoñendo para isto do prazo de dous meses que se contarán a partir do día seguinte ao da data da publicación deste anuncio.

As reclamacións ou alegacións poderán ser presentadas nas oficinas dos servizos centrais do ente público, situadas na praza de Europa, nº 5 A, 6º, 15707 Santiago de Compostela, ou ben nas oficinas da zona sur de Portos de Galicia, rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º e 2º, 36002 Pontevedra, onde se poderá tamén examinar o documento referido durante o prazo indicado e nos días hábiles das 9.00 ás 14.00 horas. Así mesmo, a documentación estará á disposición na páxina web www.portosdegalicia.com, no epígrafe de Áreas Temáticas/Planificación.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2018

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia