Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 29 de outubro de 2018 Páx. 47348

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Ordenación Forestal, pola que se dá publicidade á aprobación de unidades de admisión e á súa inclusión no Rexistro Galego de Materiais de Base para a Produción de Materiais Forestais de Reprodución.

A publicación do Real decreto 289/2003, do 7 de marzo, sobre comercialización dos materiais forestais de reprodución, incorpora á nosa lexislación nacional a Directiva 1999/105/CE do Consello, do 22 de decembro de 1999, sobre a comercialización dos materiais forestais de reprodución que refunde e actualiza toda a normativa anterior para o efecto.

No punto 1 do artigo 3 do Real decreto 289/2003, antes mencionado, establécese que para a produción de materiais forestais de reprodución destinados á comercialización utilizaranse unicamente materiais de base autorizados.

O punto 2 do mesmo artigo di que os materiais de base só poderán obter a condición de autorizados se garanten as exixencias establecidas nos anexos II, III, IV ou V, segundo se trate da produción de materiais forestais de reprodución identificados, seleccionados, cualificados ou controlados, respectivamente, e se están referidos a unha unidade denominada unidade de admisión, que estará identificada mediante unha única referencia no correspondente rexistro.

Así mesmo, o punto 3 do mesmo artigo, indica que a autorización dos materiais de base para a produción dos materiais forestais de reprodución identificados, seleccionados, cualificados e controlados, efectuaraa o órgano competente da respectiva Comunidade Autónoma, que en Galicia é a Consellería do Medio Rural, quen comunicará os ditos materiais de base á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental e Medio Natural, para o seu traslado á Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, Innovación e Política Forestal do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

O artigo 3 do Decreto 135/2004, do 17 de xuño, polo que se crea o Rexistro Galego de Materiais de Base para a Produción de Materiais Forestais de Reprodución, recolle que se deberá solicitar autorización dos materiais de base para a produción de materiais forestais de reprodución para a súa comercialización con destino á selvicultura, á Dirección Xeral de Ordenación Forestal, como órgano competente da Administración da comunidade autónoma nesta materia, quen resolverá de acordo co artigo 4 do mencionado decreto.

Segundo o artigo 1.3 do Decreto 135/2004 a Dirección Xeral de Ordenación Forestal procederá á inscrición do material de base autorizado no Rexistro Galego de Materiais de Base.

En consecuencia, realizada a comprobación do cumprimento dos requisitos mínimos para a autorización dos materiais de base destinados á produción de materiais de reprodución da categoría controlada, conforme o disposto no anexo V do Real decreto 289/2003, e de acordo co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia e demais normativa aplicable, a Dirección Xeral de Ordenación Forestal mediante a Resolución do 10 de outubro de 2018 procedeu á autorización dun horto de semente de Pinus pinaster da categoría material controlado no territorio da Comunidade de Galicia que aparece relacionado no anexo desta orde, así como á súa inscrición no Rexistro Galego de Materiais de Base para a Produción de Materiais Forestais de Reprodución.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2018

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación Forestal

ANEXO

Especie: Pinus pinaster Ait.

Nº rex.

Código galego

Código estatal

Localización

Pertenza

Provincia

Concello

Lonxitude

Latitude

Alt. (m)

Sup. (ha)

Cat. MFR

Tipo MB

Autenticidade

MB

213

ES/36/ppa/4/01a/3/1/2

HS-C-26/36/002

Castro de Cabras

Particular

Pontevedra

Lalín

7º59´48,49´´O

42º38´10,27´´N

680-715

4,57

C

HS

Autóctono

Nº rex.: número de rexistro.

Alt.: altitude.

Sup.: superficie.

Cat.: categoría.

MFR: material forestal de reprodución.

MB: material de base.

C: controlado.

HS: horto de semente.