Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 29 de outubro de 2018 Páx. 47331

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 16 de outubro de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a resolución ditada no expediente de reclamación en materia de enerxía eléctrica IN635A 2018/62-4.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada que se relaciona no anexo a resolución do expediente de reclamación en materia de enerxía eléctrica, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos. Así mesmo, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na avenida Mª Victoria Moreno, 43, en Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e a súa constancia.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

Pontevedra, 16 de outubro de 2018

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente de reclamación: IN635A 2018/62-4.

Reclamante: José María Palmás Estévez-Comunidade de propietarios Edificio Hermanos Pichel.

Acto notificado: resolución.