Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 29 de outubro de 2018 Páx. 47325

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 204/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 204/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Mosquera Agrelo contra Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Grupo de Control de Empresas de Seguridad, Ilunión Seguridad, S.A. sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza:

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2018.

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 204/2016 sendo parte neste, como demandante, Carlos Mosquera Agrelo, asistido pola letrada Sra. Rodríguez Enríquez e, como demandada, Ilunión Seguridad, S.A.U., asistida pola letrada Sra. Espiño Albores, Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A. e Grupo Control de Empresas de Seguridad, que non comparecen, malia a súa citación en legal forma, ao igual que o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), citado de oficio, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base nos seguintes

Decido:

Admítese parcialmente a demanda interposta por Carlos Mosquera Agrelo e, en consecuencia, condénase a demandada Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A. a aboar ao demandante a cantidade de 5.326,76 euros, máis xuros por demora do 10 % respecto da cantidade de 5.167,61 euros. Todo iso sen prexuízo da responsabilidade do Fogasa, se é o caso. Absólvese a codemandada Ilunión Seguridad, S.A.U. e Grupo de Control de Empresas de Seguridad das pretensións exercitadas a súa contra.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

É indispensable que ao tempo de anuncialo acredite a parte que non ostente o carácter de traballador ou habente causa seu ou beneficiaria do réxime público de Seguridade Social ou non gozo do beneficio de xustiza gratuíta, ter consignado como depósito a cantidade de 300 euros na conta deste xulgado, así como acreditar ao anunciar o recurso ter consignado na Conta de Depósitos e Consignacións aberta a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse constar a responsabilidade solidaria do avalista.

Están exentos de constituír o depósito e a consignación indicada as persoas e entidades comprendidas no apartado 4 do artigo 229 da LRXS.

Así o acorda, manda e asina, Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

E para que sirva de notificación en legal forma a Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza