Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 26 de outubro de 2018 Páx. 47191

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 17 de outubro de 2018 pola que se nomean as persoas membros titulares das vogalías da Comisión de Espectáculos Públicos e Actividades Recreativas de Galicia, en representación dos sectores de espectáculos públicos e actividades recreativas, veciñanza e consumidores e usuarios.

O Decreto 82/2018, do 2 de agosto, polo que se regula a Comisión de Espectáculos Públicos e Actividades Recreativas de Galicia sinala, no seu artigo 6, que as persoas titulares das vogalías serán nomeadas pola persoa titular da consellería competente en materia de espectáculos públicos e actividades recreativas, por proposta da Secretaría Xeral da Presidencia no ámbito da Presidencia da Xunta de Galicia respecto das vogalías en representación dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, das diferentes consellerías para os demais vogais en representación da Administración autonómica, da Federación Galega de Municipios e Provincias respecto das vogalías en representación da dita federación e respecto das vogalías previstas no artigo 5.4.c) por proposta da dirección xeral con competencia en materia de espectáculos públicos, tendo en conta o seu grao de participación na elaboración da Lei 10/2017, do 27 de decembro, a representatividade que as entidades ostenten así como o ámbito territorial que abranguen.

De acordo coas propostas efectuadas, acreditado o cumprimento dos requisitos establecidos e de conformidade co disposto no citado artigo 6 do Decreto 82/2018, do 2 de agosto,

DISPOÑO:

Artigo único. Nomeamento das persoas membros titulares das vogalías en representación dos sectores de espectáculos públicos e actividades recreativas, veciñanza e consumidores e usuarios

Nomear membros titulares das vogalías da Comisión de Espectáculos Públicos e Actividades Recreativas de Galicia, en representación dos sectores de espectáculos públicos e actividades recreativas, veciñanza e consumidores e usuarios, ás persoas que a seguir se relacionan:

– Xosé Manuel Blanco Álvarez, en representación da Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM).

– María Nieto Díaz, en representación da Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo (Clubtura).

– Mercedes Treviño Romero, en representación da Asociación de Empresarios da Música da Verbena Galega (Asevega).

– Samuel Pousada Soaje, en representación da Federación de Empresarios de Salas de Festa, Baile e Discotecas de Galicia (Fesdiga).

– María Luisa Varela Insua, en representación da Confederación Galega de Asociacións Veciñais (Cogave).

– Rosa Celia Otero Raña, presidenta do Consello Galego de Consumidores e Usuarios (CGCU) e en representación da Federación Galega de Asociacións de Amas de casa, Consumidores e Usuarios (Brétema).

Esta orde producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2018

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza