Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 25 de outubro de 2018 Páx. 47130

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 4 de outubro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos derivados do procedemento BS210A (expediente SC-70058 e dous máis).

Logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, de conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio deste anuncio notifícanselles ás persoas interesadas que se sinalan no dito anexo, ou aos seus representantes, os actos administrativos que se indican.

Para coñeceren o contido íntegro dos actos administrativos que se notifican, as persoas interesadas ou os seus representantes, debidamente acreditados, poderán comparecer no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, nº 7 e 9, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida a partir do día seguinte ao do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Advírteselles que nos actos que se notifican se lles outorga ás persoas interesadas un prazo de dez (10) días, desde o seguinte ao da notificación para emendaren as súas solicitudes. Transcorrido este prazo sen que se realizase a emenda, entenderase que as persoas interesadas desisten da súa solicitude e procederase ao arquivamento do expediente logo da resolución ditada nos termos do artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A Coruña, 4 de outubro de 2018

María Francisca Gómez Santos
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS210A.

Número de expediente

Apelidos e nome

DNI

Contido do acto

Data do documento

SC-70058

Crugeiras Crugeiras, Dolores

*****568S

Requirimento de emenda da solicitude

15.5.2018

CO-72680

Fidalgo Sánchez, Concepción

*****867W

Requirimento de emenda da solicitude

2.5.2018

CO-65138

Ramírez Batista, Jeannette Isabel

*****264C

Requirimento de emenda da solicitude

18.4.2018