Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 25 de outubro de 2018 Páx. 47121

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 4 de outubro de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifican os requirimentos da documentación necesaria para resolver o expediente de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas.

Intentada a notificación, ás persoas interesadas que se especifican no anexo, do requirimento da documentación necesaria para resolver o expediente de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas, e non sendo posible a súa práctica, notifícanse por medio deste anuncio co fin de que poidan coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para tal efecto, os interesados poderán comparecer no prazo de (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desde anuncio, nas dependencias da Xefatura Territorial (Tarxeta Sanitaria), sita na avenida de Zamora, núm. 13, 4ª planta, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírtese que, conforme o artigo 68.1 da dita Lei 39/2015, de non xuntar os documentos que lles son requiridos no mencionado prazo, se considerará que desisten da súa petición.

Ourense, 4 de outubro de 2018

A xefa territorial de Ourense
P.S. (Decreto 33/2014, do 6 de marzo)
Francisco José Rodríguez Saavedra
Xefe do Servizo de Xestión de Ourense

ANEXO

Nº expediente: 15216.

Interesado: Moldovan ---, Marius Daniel.

DNI/NIE/PAS: Y6172499A.

Último enderezo coñecido: rúa Curros Enríquez, nº 6, 1º B, 32630 Xinzo de Limia (Ourense).

Nº expediente: 15343.

Interesado: Romero González, Freddy Martín.

DNI/NIE/PAS: 069319194.

Último enderezo coñecido: rúa Ramón Puga, nº 14, 4º B, 32005 Ourense.

Nº expediente: 16055.

Interesado: González Pérez, Arian.

DNI/NIE/PAS: Y3521440Q.

Último enderezo coñecido: avda. Alfonso R. Castelao, nº 26, baixo, 32004 Ourense.