Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 24 de outubro de 2018 Páx. 46978

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 8 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto de ampliación de explotación, ata 84.150 prazas, de polo de ceba na parroquia de Abades, no concello de Baltar (Ourense) (expediente 2018/0112).

De conformidade co artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise pública a declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático o 5 de outubro de 2018, do proxecto de ampliación de explotación, ata 84.150 prazas, de polo de ceba na parroquia de Abades, no concello de Baltar (Ourense), promovido por Anastasio Bello Fuentes y Otros, S.C.

A dita declaración poderase consultar na ligazón https://cmaot.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2018

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático