Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 24 de outubro de 2018 Páx. 46929

III. Outras disposicións

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2018 pola que se dá publicidade dunha encomenda de xestión á Axencia Galega de Infraestruturas para acometer a execución das obras de construción do Centro Integral de Saúde do Barrio da Residencia (Lugo).

De conformidade co previsto no artigo 9 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade á Resolución da Presidencia do organismo autónomo Servizo Galego de Saúde, do 8 de outubro de 2018, pola que se encomenda á Axencia Galega de Infraestruturas a xestión das actuacións para acometer a execución das obras de construción do Centro Integral de Saúde do Barrio da Residencia (Lugo).

– Actividade: encargar á Axencia Galega de Infraestruturas a xestión para acometer a execución das obras de construción do Centro Integral de Saúde do Barrio da Residencia (Lugo), que comprenderán a reconversión do antigo Hospital Materno Infantil de Lugo en Centro de Saúde Mental, Centro de Saúde, PAC e Base do 061, así como a dotación de infraestruturas e servizos necesarios ou convenientes para o seu óptimo funcionamento.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: o encargo ten natureza intersubxectiva, ao ter a Axencia Galega de Infraestruturas a consideración de medio propio e servizo técnico da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto nos artigos 47 e 48 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o día seguinte á sinatura da encomenda ata a data de finalización do prazo de garantía das obras.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2018

Jesús Vázquez Almuíña
Presidente do Servizo Galego de Saúde