Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 23 de outubro de 2018 Páx. 46897

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública da modificación puntual do Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica de Santiago (PE-1) para a ampliación de usos no EM-9. Seminario Menor-Belvís.

A Xunta de Goberno da Cidade de Santiago de Compostela, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 5 de outubro de 2018, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

a) Aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica (PE-1) para a ampliación de usos no EM-9 (Seminario Menor-Belvís), promovida polo Arcebispado de Santiago, segundo o proxecto redactado polo arquitecto Ricardo Sáez Díaz, presentado o 6 de setembro de 2018.

b) A modificación someterase a información pública durante o prazo de dous meses, mediante anuncios que para o efecto se publicarán no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación na provincia. Así mesmo, notificarase persoalmente aos titulares catastrais dos terreos afectados.

Durante o trámite de información pública solicitarase o informe da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.

O que se publica a fin de que, durante o prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, os interesados poidan consultar o expediente e formular as alegacións que xulguen oportunas. A documentación sometida a exposición pública estará a dispor dos interesados no Servizo de Planeamento e Xestión do Concello de Santiago (Pazo de Raxoi, 2º andar), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas; e na páxina web do Concello http://transparencia.santiagodecompostela.gal/Modificacion-puntual-do-PE-1-para-a-ampliacion-de-usos-no-EM-9.-Seminario-Menor-Belvis/gl

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2018

O alcalde
P.D. (Decreto do 28.6.2017)
Jorge Duarte Vázquez
Concelleiro delegado de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda,
Mobilidade e Relacións Veciñais