Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 23 de outubro de 2018 Páx. 46850

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2018, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Asociación Gallega de Empresas de Sistemas Inteligentes no Tripulados (Agasint).

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral acordouse depositar o acordo de modificación dos artigos 11 e 12 e a supresión do artigo 18 dos estatutos da Asociación Gallega de Empresas de Sistemas Inteligentes no Tripulados (Agasint).

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: poderán ser membros as persoas fisicas ou xurídicas cuxa actividade estea incluída no ámbito da asociación, de acordo coas condicións xerais requiridas polos estatutos.

Asinantes: Luis Aceituno Otero (presidente) e Marcos López Sánchez (secretario).

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2018

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego