Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 23 de outubro de 2018 Páx. 46845

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 3 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Xustiza, polo que se notifica a resolución ditada no recurso de alzada interposto en materia do Rexistro de Parellas de Feito de Galicia na provincia de Ourense.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas que se especifican no anexo a resolución do recurso de alzada interposto contra a resolución ditada no expediente tramitado no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia na provincia de Ourense, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

Para coñeceren o contido íntegro da resolución que se sinala no anexo a este anuncio, os interesados poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Dirección Xeral de Xustiza, sita na rúa Madrid, 2-4, 2º, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Este anuncio publícase para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 a Lei 39/2015, do 1 de outubro. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, ponse en coñecemento dos interesados que a resolución relacionada no anexo esgota a vía administrativa e que poderán interpor recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado contencioso-administrativo correspondente, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, sen prexuízo de que poidan presentar calquera outro recurso que xulguen conveniente.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2018

Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza

ANEXO

Nº expediente

Recorrentes

Acto notificado

Sentido do acto
notificado

OU-2018/00064

Javier Alejandro Martínez Pérez

Baicy Nazareth da Silva Mier y Teran

Resolución do recurso de alzada

Desestimación