Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 23 de outubro de 2018 Páx. 46893

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 27 de setembro de 2018, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa solicitada polo Concello de Boiro, pola ocupación de dominio público portuario con destino á construción e explotación dun edificio para o desenvolvemento de deportes de remo e usos complementarios, na zona de servizo do porto de Cabo de Cruz (expediente 12-57-17-C-1).

Estase a tramitar unha concesión administrativa, solicitada polo Concello de Boiro, con destino á ocupación de dominio público portuario con destino á construción e explotación dun edificio para o desenvolvemento de deportes de remo e usos complementarios no porto de Cabo de Cruz, segundo o proxecto básico de título Proxecto básico de edificio para instalacións de deporte de remo e usos complementarios, na zona portuaria de Cabo de Cruz, O Castro. Boiro, asinado en novembro de 2017, polo arquitecto Amancio Losada Vicente (colexiado nº 1463).

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do xoves 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar, por escrito, as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, nº 5-1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está a disposición na web www.portosdegalicia.com.

A Coruña, 27 de setembro de 2018

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro