Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 22 de outubro de 2018 Páx. 46648

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de auto e decreto (EPA 246/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución parcial 246/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Andrea González Fleitas contra Juan Liste Brañas, foron ditadas as resolucións cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto:

Maxistrada xuíza: Elena Calleja Curros.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2018.

Parte dispositiva:

Dispoño: tense por ampliada a execución polo importe de 3.129,70 euros en concepto de principal, máis outros 312,97 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se for o caso, se poidan producir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, sen necesidade de retrotraer o procedemento.

Modo de impugnación: contra esta orde non cabe recurso ningún, sen prexuízo de que a parte executada se poida opor ao despacho de execución nos termos previstos no artigo 556 da LAC e no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da notificación do presente auto e do decreto que se dite.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada xuíza. A letrada da Administración de xustiza».

«Decreto:

Letrada da Administración de xustiza María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2018.

Parte dispositiva:

Acordo, en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previo á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Juan Liste Brañas, dar audiencia previa á parte demandante Andrea González Fleitas e ao Fondo de Garantía Salarial, por termo de 15 días, para que poidan sinalar a existencia de novos bens, de cuxo resultado se acordará o procedente.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes á notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Juan Liste Brañas, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2018

A letrada da Administración de xustiza