Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 22 de outubro de 2018 Páx. 46722

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 10 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, polo que se somete a información pública o procedemento ACA 2/2018, relativo á autorización comercial autonómica para a ampliación dun establecemento comercial colectivo situado no polígono comercial do Vao (Pontevedra), promovido por Inmobiliaria Ponteno, S.L.U.

De conformidade co disposto no artigo 83 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 15.2 do Decreto 211/2012, do 25 de outubro, polo que se regula o procedemento para a obtención da autorización comercial autonómica, iníciase o trámite de información pública, como parte integrante do procedemento para a ampliación da autorización comercial autonómica, relativo ao establecemento comercial colectivo situado no polígono comercial do Vao (Pontevedra), promovido por Inmobiliaria Ponteno, S.L.U.

Para estes efectos, en cumprimento do deber de información que se debe outorgar ao público sobre os aspectos relevantes relacionados co procedemento de autorización do proxecto de referencia, infórmase do seguinte:

a) Inmobiliaria Ponteno, S.L.U., solicitou a autorización comercial autonómica para a ampliación dun establecemento comercial colectivo situado no polígono comercial do Vao (Pontevedra), por unha superficie de 1.031,61 m2, de acordo co previsto no artigo 29 da Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia.

b) O órgano competente para resolver a solicitude de concesión da autorización comercial autonómica é a persoa titular da Consellería de Economía, Emprego e Industria en virtude do establecido no artigo 32.1 da Lei do comercio interior de Galicia, e no Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a súa estrutura orgánica.

c) O órgano do que se pode obter información ao respecto é o Servizo de Ordenación da Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

d) A solicitude e o proxecto están dispoñibles ao público, para a súa consulta, nas dependencias da Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situadas no edificio administrativo San Caetano, bloque 5, terceiro andar, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres.

e) A participación do público poderá realizarse, durante o prazo de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. As persoas que o desexen poderán tomar vista do expediente durante o referido período e formular as alegacións, observacións e suxestións que coiden oportunas, que deberán dirixirse á Dirección Xeral de Comercio e Consumo e presentarse por calquera dos medios que recolle o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de 20 días hábiles a partir da data de publicación do presente anuncio.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2018

Sol María Vázquez Abeal
Directora xeral de Comercio e Consumo