O 4 de xullo de 2018 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 31 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a creación e posta en marcha de unidades mixtas de investigación aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificadas na RIS3 para Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.
O artigo 26.2 da Resolución do 31 de maio de 2018 establecía os seguintes prazos de xustificación:
Prazos de presentación da documentación:
Ano 2018 |
Ata o 9 de novembro de 2018 |
Ano 2019 |
Ata o 10 de outubro de 2019 |
Ano 2020 |
Ata o 10 de outubro de 2020 |
Ano 2021 |
Ata o 10 de outubro de 2021 |
Períodos de realización de gastos (emisión de facturas) e realización de pagamentos dos gastos executados:
Ano 2018 |
Desde a data de sinatura do acordo de constitución da unidade mixta de investigación (que non poderá ser anterior á data de presentación da solicitude de axuda) ata o 31 de outubro de 2018 |
Ano 2019 |
Desde o 1 de novembro de 2018 ata o 30 de setembro de 2019 |
Ano 2020 |
Desde o 1 de outubro de 2019 ata o 30 de setembro de 2020 |
Ano 2021 |
Desde o 1 de outubro de 2020 ata o 30 de setembro de 2021 |
Tendo en conta a demora na resolución das ditas axudas, motivada pola complexidade das solicitudes presentadas e polo seu proceso de avaliación, e co fin de viabilizar os procesos de execución e xustificación das axudas concedidas para o ano 2018 por parte dos beneficiarios resultantes, e dado que non causa prexuízo a terceiros, considérase necesario ampliar o prazo de xustificación para o ano 2018 establecido no artigo 26.2 da convocatoria.
En consecuencia, no exercicio das facultades que lle confire o artigo 17.3 do Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación,
RESOLVO:
Artigo único. Modificación do artigo 26.2 da Resolución do 31 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a creación e posta en marcha de unidades mixtas de investigación aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificadas na RIS3 para Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018
O artigo 26.2 da citada resolución queda redactado do seguinte xeito:
Prazos de presentación da documentación:
Ano 2018 |
Ata o 3 de decembro de 2018 |
Ano 2019 |
Ata o 10 de outubro de 2019 |
Ano 2020 |
Ata o 10 de outubro de 2020 |
Ano 2021 |
Ata o 10 de outubro de 2021 |
Períodos de realización de gastos (emisión de facturas) e realización de pagamentos dos gastos executados:
Ano 2018 |
Desde a data de sinatura do acordo de constitución da unidade mixta de investigación (que non poderá ser anterior á data de presentación da solicitude de axuda) ata o 30 de novembro de 2018 |
Ano 2019 |
Desde o 1 de decembro de 2018 ata o 30 de setembro de 2019 |
Ano 2020 |
Desde o 1 de outubro de 2019 ata o 30 de setembro de 2020 |
Ano 2021 |
Desde o 1 de outubro de 2020 ata o 30 de setembro de 2021 |
Disposición derradeira única. Entrada en vigor
Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2018
Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación