Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 22 de outubro de 2018 Páx. 46732

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Yolanda Cruz Alonso.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense tramítase o recurso 203/2018 (procedemento abreviado), interposto por Yolanda Cruz Alonso, contra a desestimación do recurso de reposición interposto contra a Resolución do 1 de marzo de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca
concurso-oposición para o ingreso na categoría de enfermeiro/a (DOG núm. 50, do 12 de marzo).

Impúgnase o número 2, punto terceiro, do anexo IV.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte no citado xulgado no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2018

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos