Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 22 de outubro de 2018 Páx. 46624

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 11 de outubro de 2018 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), anunciada pola Orde do 22 de agosto de 2018.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Amtega, anunciada pola Orde do 22 de agosto de 2018 (DOG núm. 165, do 30 de agosto), de conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da mesma lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Amtega, anunciada pola Orde do 22 de agosto de 2018 (DOG núm. 165, do 30 de agosto).

Segundo. Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, e seleccionar o funcionario que se relaciona no anexo desta orde.

Terceiro. O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días hábiles a partir do seguinte ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando o funcionario obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles.

O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, se é o caso, fosen concedidos ao interesado. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria, iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto. A xefatura do centro en que cause baixa o funcionario, así como a daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.

Quinto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro de Facenda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2018

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO

Apelidos e nome: Montero Fernández, Miguel.

NRP: 4480961657 A205H.

Subgrupo: A2.

Corpo/escala: corpo de xestión, escala de xestión de sistemas de informática.

Denominación do posto: Xefatura Sección de Coord. e Invest. de Incidencias.

Código: PX.A11.00.003.15770.004.

Nivel: 25.

Dependencia: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Localidade: Santiago de Compostela.