Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 19 de outubro de 2018 Páx. 46479

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de resolución (PO 134/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 134/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Elena Maroño Ferreiro contra a empresa Iberia Líneas Aéreas de España, S.A., Operadora Sociedad Personal, Logistair Logística y Servicios, S.L., Fogasa, AGA Airlines Ground Assistance, S.L., sobre ordinario, foi ditada a resolución cuxa parte dispositiva di:

«Parte dispositiva

Acórdase a suspensión do curso do presente procedemento até que alcance firmeza a sentenza ditada no procedemento nº 760/2017, tramitado no Xulgado do Social número 3, pendente de recurso de casación ante o Tribunal Supremo, quedando as partes obrigadas a pór a devandita circunstancia en coñecemento do xulgado e a solicitar, se for o caso, a continuación dos autos tan axiña como se verifique.

Notifíquese ás partes a presente resolución na forma prevista no artigo 248.4 da LOPX.

Así o pronuncia, manda e asina, Elena Calleja Curros, maxistrada xuíza de reforzo deste xulgado».

E para que sirva de notificación en legal forma a Logistair Logística y Servicios, S.L., Aga Airlines Ground Assistance, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza