Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 19 de outubro de 2018 Páx. 46506

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 8 de outubro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia (expediente IN635C 2018/48-2).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á interesada que se sinala no anexo o acto que se indica, logo de que fose devolto polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou porque, intentadas dúas veces a notificación, esta non se puido efectuar.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, a interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinaren estes actos na sede desta xefatura territorial, situada na rolda da Muralla, número 70, baixo 2º, en Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 8 de outubro de 2018

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Interesada

CIF/NIF

Núm. expediente

Acto que se notifica

Leñas Juan, S.L.

B27452093

IN635C 2018/48-2

Acordo de incoación de expediente sancionador