Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 19 de outubro de 2018 Páx. 46525

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2018 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de soporte técnico especializado de salas de vistas e outro equipamento multimedia nas sedes xudiciais da Administración de xustiza en Galicia (expediente AMT-2018-0002).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: é obxecto desta contratación o soporte técnico especializado dos sistemas audiovisuais presentes nas dependencias da Administración de xustiza en Galicia, principalmente os sistemas de gravación de vistas e declaracións, os equipos de videoconferencia e sistemas auxiliares de información ao cidadán.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 9.1.2018.

DOUE: 5.1.2018.

BOE: 16.1.2018.

3. Tramitación e procedemento:

a) Procedemento: aberto harmonizado.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 1.207.947,10 (IVE excluído).

5. Orzamento base de licitación: 562.160,00 € (IVE incluído).

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 24.8.2018.

b) Data de formalización do contrato: 5.10.2018.

c) Contratista: Sistemas Audiovisuales Itelsis, S.L.

d) Importe de adxudicación: 483.846,33 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2018

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia