Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 18 de outubro de 2018 Páx. 46363

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tomiño

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

Tendo sido requirida a limpeza da parcela identificada coa referencia catastral 36054A072005370000EW, requírese a Ramón Lago Román, con DNI 35536484-N como titular dela que no prazo máximo de 15 días naturais, contados desde a publicación deste anuncio no BOE, se proceda á limpeza da parcela conforme os artigos 21, 21 ter e 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Tomiño, 27 de setembro de 2018

O alcalde
P.D. (Decreto do 13.10.2015)
José Luis Vázquez Calvo
Concelleiro de Medio Rural