Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 18 de outubro de 2018 Páx. 46218

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 8 de outubro de 2018 pola que se autoriza o cambio de denominación específica do CEIP da Igrexa, do concello das Somozas.

De conformidade co previsto no artigo 8 do Regulamento das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria, aprobado polo Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21 de outubro), por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Autorizar o cambio de denominación específica do seguinte centro:

Provincia: A Coruña.

Concello: As Somozas.

Código: 15025074.

Denominación actual: Colexio de educación infantil e primaria (CEIP) da Igrexa.

Nova denominación: Colexio de educación infantil e primaria (CEIP) O Marbán.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2018

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional