Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 18 de outubro de 2018 Páx. 46211

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no primeiro e segundo cuadrimestres do ano 2018.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Primeiro. Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Economía, Emprego e Industria nos meses de xaneiro a agosto do ano 2018, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Segundo. Así mesmo, e para os efectos de completar a Resolución do 18 de xaneiro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no terceiro cuadrimestre de 2017 (DOG núm. 24, do 2 de febreiro), dáse publicidade ao convenio de colaboración pendente de publicar subscrito no terceiro cuadrimestre de 2017 e que se incorpora como anexo II a esta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2018

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía,
Emprego e Industria

ANEXO I

1. Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Economía, Emprego e Industria nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2018.

Convenio

Data de sinatura

Importe total

Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Universidade de Vigo para a realización de prácticas académicas externas do estudantado da Universidade de Vigo.

22.1.2018

Non ten achega económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Concello de Lugo para a acreditación da formación impartida polo Concello de Lugo no marco do proxecto Empregalia, cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través da Iniciativa de Emprego Xuvenil e Garantía Xuvenil.

8.2.2018

Non ten achega económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Concello de Santiago de Compostela para a acreditación da formación impartida polo Concello de Santiago no marco do proxecto Plan xuvenil de integración profesional mocidade con emprego, cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través da Iniciativa de Emprego Xuvenil e Garantía Xuvenil.

12.2.2018

Non ten achega económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Concello de Vigo para a acreditación da formación impartida polo Concello de Vigo no marco do proxecto Vigo polo emprego da mocidade, cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través da Iniciativa de Emprego Xuvenil e Garantía Xuvenil.

22.2.2018

Non ten achega económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e o Concello de Cabanas para a renovación da instalación da iluminación pública no contorno do piñeiral.

8.3.2018

581.676,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de actividades do centro de estudos cooperativos (Cecoop).

27.3.2018

18.800,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a entidade Faro de Vigo, S.A.U., editora do xornal Faro de Vigo, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía.

27.3.2018

63.316,93 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a entidade El Progreso de Lugo, S.L., editora do xornal El Progreso, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía.

27.3.2018

25.765,76 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a entidade La Región, S.A., editora do xornal La Región, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía.

27.3.2018

21.454,40 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a entidade Editorial Compostela, S.A., editora do xornal El Correo Gallego, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía.

27.3.2018

18.272,88 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a entidade Lérez Ediciones, S.L.U., editora do xornal Diario de Pontevedra, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía.

27.3.2018

8.501,78 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a entidade La Capital, S.L., editora dos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía.

27.3.2018

12.724,98 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a entidade La Opinión de La Coruña, S.L., editora do xornal La Opinión A Coruña, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía.

27.3.2018

9.736,17 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a entidade Rías Baixas de Comunicación, S.A., editora do xornal Atlántico Diario, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía.

27.3.2018

3.327,99 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Deputación Provincial de Pontevedra para a acreditación da formación impartida no marco do proxecto Depointegra Xoven, cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través da Iniciativa de Emprego Xuvenil e Garantía Xuvenil.

28.3.2018

Non ten achega económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Fundación Instituto Cameral para la Creación y Desarrollo de la Empresa Incyde, para o desenvolvemento dun programa de formación denominado Marketing digital e emprendemento dentro do programa de itinerarios de emprendemento xuvenil (PIEJ), cofinanciado polo FSE.

16.4.2018

150.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Fundación Instituto Cameral para la Creación y Desarrollo de la empresa Incyde, para o desenvolvemento dun programa de formación denominado Creación e diagnóstico e plans de acción para a mellora da competitividade do comercio dentro do programa operativo de emprego, formación e educación (POEFE), cofinanciado polo FSE.

16.4.2018

150.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Fundación Instituto Feiral de Vigo, para financiamento de gastos relativos á celebración de actividades de promoción no recinto feiral Instituto Feiral da cidade de Vigo.

25.4.2018

61.165,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Federación Galega de Comercio para a realización de diversas actuacións de fomento do comercio retallista no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia 2018.

30.4.2018

648.900,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal para o desenvolvemento da actividade de coordinación do eures transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal.

30.4.2018

73.600,25 €

2. Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Economía, Emprego e Industria nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2018.

Convenio

Data de sinatura

Importe total

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e o Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia para o desenvolvemento de actividades de información e difusión do eures transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal.

2.5.2018

29.459,94 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e a Associação Empresarial do Alto Támega para o desenvolvemento de actividades de información e difusión do eures transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal.

2.5.2018

4.210,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e a Comunidade Intermunicipal do Alto Minho para o desenvolvemento de actividades de información e difusión do eures transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal.

2.5.2018

11.065,30 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e a Confederación de Empresarios de Galicia para o desenvolvemento de actividades de información e difusión do eures transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal.

2.5.2018

39.320,60 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e o Instituto do Emprego e Formação Profissional I.P. para o desenvolvemento de actividades de información e difusión do eures transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal.

2.5.2018

7.028,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e a Universidade do Minho, para o desenvolvemento de actividades de información e difusión do eures transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal.

2.5.2018

6.843,30 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo para o desenvolvemento de actividades de información e difusión do eures transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal.

2.5.2018

29.464,50 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Concello de Arteixo para a acreditación da formación impartida polo Concello de Arteixo no marco do proxecto Arteixo polo emprego xuvenil 2018, cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través da Iniciativa de Emprego Xuvenil e Garantía Xuvenil.

3.5.2018

Non ten achega económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Corporación Voz de Galicia, S.L.U. para elaborar e publicar en La Voz de Galicia, información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía.

4.5.2018

149.899,12 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Deputación Provincial da Coruña para a acreditación da formación impartida pola Deputación Provincial da Coruña no marco do proxecto

PEL-Emprego Xuvenil, cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través da Iniciativa do Emprego Xuvenil e Garantía Xuvenil.

7.5.2018

Non ten achega económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Deputación Provincial da Coruña para a acreditación da formación impartida pola Deputación Provincial da Coruña no marco do proxecto

Eixo_Estratexia de inserción Xove, cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través da Iniciativa de Emprego Xuvenil e Garantía Xuvenil.

7.5.2018

Non ten achega económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Concello de Portomarín para a rehabilitación dun edificio para espazo comercial multifuncional.

2.7.2018

62.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Concello de Ferrol para a acreditación da formación impartida polo Concello de Ferrol no marco do proxecto Ferrol Emprego Xuvenil, cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través da Iniciativa de Emprego Xuvenil e Garantía Xuvenil.

11.7.2018

Non ten achega económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Confederación de Industrias Téxtiles de Galicia-Cointega, as organizacións sindicais UGT-FICA Industria, Construción e Agro de UGT, e a Federación de Industria de CC.OO. Galicia no marco do proxecto Galitex.

17.7.2018

999.291,50 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Deputación Provincial de Pontevedra para a acreditación da formación impartida no marco do proxecto DepoEmprende2017, cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través da Fundación Incyde.

18.7.2018

Non ten achega ecónomica

Convenio específico de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións para a xestión universitaria (CIXUG) para a realización de formación universitaria no ámbito da orientación laboral aberta para 2018.

1.8.2018

140.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Cámara Oficial Mineira de Galicia para o desenvolvemento de actuacións de interese xeral para o sector mineiro de Galicia no ano 2018.

24.8.2018

89.953,00 €

ANEXO II

Convenio

Data de sinatura

Importe total

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Universidade da Coruña para o fomento da investigación e a realización de probas de control de calidade de hidrocarburos en Galicia (anualidades 2018 e 2019).

26.12.2017

615.800,00 €