Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 18 de outubro de 2018 Páx. 46357

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2018 pola que se lle dá publicidade a dúas encargas realizadas á Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa), como medio propio personificado, para a execución de servizos (expediente 1/2018/CSERVIE e un máis).

En cumprimento do disposto no artigo 8.5 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia (Lofaxga), dáse publicidade á formalización de dúas encargas a medios propios, tramitados pola entidade pública Portos de Galicia, para a execución dos seguintes servizos:

A) Redacción do proxecto de execución da dragaxe de limpeza no bordo marítimo do porto de Noia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: entidade pública Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Área de Infraestruturas, Medio Ambiente e Seguridade.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

d) Clave do expediente: 1/2018/CSERVIE.

2. Obxecto da encarga.

Descrición do obxecto: redacción do proxecto de execución da dragaxe de limpeza no bordo marítimo do porto de Noia.

3. Formalización da encarga.

a) Data de formalización da orde de execución: 4 de outubro de 2018.

b) Data de publicación no perfil do contratante: 4 de outubro de 2018.

c) Entidade (medio propio da Xunta): Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa).

d) Nacionalidade: española.

e) Orzamento de execución pola Administración a través de Tragsa: 10.367,49 euros, sen IVE.

f) Financiamento: esta encarga farase con cargo ao orzamento de Portos de Galicia, dentro da súa partida orzamentaria denominada «62209. Estudos e proxectos».

g) Prazo de execución: tres (3) meses, contados desde a data de sinatura da orde de execución.

B) Redacción do proxecto de execución da dragaxe da zona exterior do peirao comercial do porto de Cariño.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: entidade pública Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Área de Infraestruturas, Medio Ambiente e Seguridade.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

d) Clave do expediente: 2/2018/CSERVIE.

2. Obxecto da encarga.

Descrición do obxecto: redacción do proxecto de execución da dragaxe da zona exterior do peirao comercial do porto de Cariño.

3. Formalización da encarga.

a) Data de formalización da orde de execución: 4 de outubro de 2018.

b) Data de publicación no perfil do contratante: 4 de outubro de 2018.

c) Entidade (medio propio da Xunta): Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa).

d) Nacionalidade: española.

e) Orzamento de execución pola Administración a través de Tragsa: 11.581,80 euros, sen IVE.

f) Financiamento: esta encarga farase con cargo ao orzamento de Portos de Galicia, dentro da súa partida orzamentaria denominada «22701. Outros Servicios».

g) Prazo de execución: dous (2) meses, contados desde a data de sinatura da orde de execución.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2018

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia