Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 17 de outubro de 2018 Páx. 46158

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 9 de outubro de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, sobre o inicio do procedemento de deslindamento con predios particulares da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Santa María de Dozón, do concello de Dozón.

Unha vez emitido informe favorable á proposta de deslindamento con propiedades particulares presentada pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Santa María de Dozón, concello de Dozón, e de acordo co disposto no artigo 54.1 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, sobre o procedemento de deslindamento de montes veciñais con propiedades particulares, acórdase sinalar para a exposición do plano e demais documentación do monte o taboleiro de anuncios do concello de Dozón, rúa Médico Fernando Iglesias, s/n, 36518 Dozón.

Ábrese un prazo dun mes, a partir do día seguinte ao desta publicación, para que os que se conceptúen con dereito á propiedade do monte ou de parte del e os estremeiros que desexen comparecer, poidan presentar alegacións e os títulos que acrediten a propiedade.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Pontevedra, 9 de outubro de 2018

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra